lunes, 12 de abril de 2010

Confirmacions 3ª edición Entroido Quente


Xa podemos confirmar as actuacións para o Entroido Quente 2010. Para os que somos uns amantes do festival Reperkusión dos nosos veciños de allariz soará a moito o nome de FUNKY STYLE BRASS, porque para moitos dos alí presentes nomeaban a estes franceses como a sorpresaza alegre funkifestivaleira chegada dende La france. Pois dende La France po entroido quente, a verdade e que foi unha sorpresaza que non seria posible sen a axuda de Rumbao, dende o cruceiro moitas grazas!!!

Despois deste plato forte presentamos outro non menos apetecible....LA AKUSTICAASESINA,nace da escisión dos Festikultores e Miñor Swing.Algúns
dos seus menbros deciden formar un grupo paralelo e recorre-los
escearios ateigando de rumba mestiza ao espírito dos espectadores.Son
acústico,directo e contundente.Versionan
a Manu Chao,Amparanoia,Los Fabulosos Cadillacs e un largo etc...Unha
aposta de futuro que seguro que dará moito que falar en vindeiros anos.

Por ultimo tocame presentar o xa coñecido por todos Tom Trovador, esta gramola con forma de home derrama rumba, wasa,cancion de autor, rock, pumk e o que lle voten. Moi coñecido nos bares santiagueses e mallorquins presentaranos o seu ultimo traballo!!!!

Creemos que é un programa máis que digno pra tolear o 24 de xullo, pon o disfraz e votate fora!!!

Maceda Móvese,Móvete Ti Tamen!!!

domingo, 11 de abril de 2010

Entroido Quente 2010



O ano 2010 traerá consigo a terceira edición do Entroido Quente e Rally do humor. Xa estamos traballando de arreo pra poder brindar a mellor edición, chea de novedosas probas humorísticas e grandes concertos para troulear toda a noite.

Por ahora so temos a confirmación do mítico Tom Trovador que virá dende Palma de Mallorca para presentar o seu ultimo traballo. Si todo sae como pensamos terémos en maceda un dos grupos revelación do festival reperkusión de allariz que virám denda a francia para fascinarnos cos seus ritmos funky festeiros e tamen terémos un grupiño da nosa comarca que intentarémos confirmar a principios desta semana.


Pois eso....que sepades que estamos traballando de arreo pra poder ofrecer a mellor edición do Entroido Quente o 24 de xullo!!!!