lunes, 28 de julio de 2008

Exitosa primeira edición do Entroido Quente 08


Non hai nada mellor que superar as expectativas da xente cando se organiza algo. Non tiñamos ningunha dúbida de nós pero a verdade e que daba respeto,pero escoitados os comentarios do domingo de resaca podemos estar contentos no Cruceiro.


O Rali do Humor comezou puntualmente as 18:00 horas co chupinazo dende a balconada do Ambigú, participaron 23 grupos(unhas 100 persoas) acicalados cós mellores disfraces e carrozas, os cales fixeron disfrutar a toda a vila deste entroido quente. O Rali funcionou a perfección, as probas transcurriron por a Rúa do medio, O Cantón, A fonte dos canos, Plaza dos cabaceiros......

Tras as probas que transcurriron hasta as 21:15 chegou a final entre os tres mellores grupos,. chegaron a gran final do xogo da Oca Os Bordini, Las chicas son guerreras e Os de Almoite.

A sorte acompañou na oca a "Las chicas son guerrras" e nun "plis plas" acavaron cos Bordini e cos de Almoite. Destacar o premio a mellor carroza a dos Bordini que viñan co burro do Pepiño de Chaioso e para os maís simpaticos non tiñamos premio pero si o tuveramos sería para o "equipo ja", tamen non pasou desapercibido o negriño zumbón do Cola cao!!jajaja!!

Tras o Rali pasamos a cea para os participantes onde do que había non faltaba de nada, e hasta sobrou de todo!!

As 23:00 repenicaron os DuRuNdATu cos seus timbales, eles tamén superaron as nosas expectativas!!graciñas!!Os Kogito tamen estuveron moi animados facendo botar na plaza a todos os disfrazados!!

As 04:30 da maña fixemos o sorteo en pub Delirium para todos os disfrazados onde os premiados foron Sara de Tioira, Patricia de Sarreaus, Anita de Esgos, María Turriña........

Dende O Cruceiro queremos agradecer a todos os participantes as súas ganas de festa e que sepades que po ano teredes máis e mellor!!!!!!


Graciñas a todos!!!!e.....festaaaaa rachadaaaaaaaaaaa!!!!

martes, 22 de julio de 2008

Programa Entroido Quente.


Entroidantes e entroidantas falta nada de nada para o I Entroido Quente Maceda 2008. Espero vervos a todos acicalados cos mellores disfraces que teñades polas rúas Macedanas.


Hoxe imos expor o noso programa para este sábado de Entroido:

17:30 explicaranse as normas para os participantes do Rali do Humor onde haberá 24 grupos apuntados con ganas de montala gloriosa. Será no punto de control que estará situado na plazas das toldas, sede puntuales entroidantes!!

18:00 Chupinazo dende o balcon do Ambigú e transcurso das probas do Rali do humor polas rúas da vila

21:15 Final entre os tres mellores grupos do Rali.
22:00 Cea cortesía de Asociación O Cruceiro para todos os participantes do Rali na Plaza das Toldas

23:00 Concerto de percusión Africana a cargo dos Vascos DuRnDaTu na plaza da igrexa

00:00 Concerto dos Vigueses KoGiTo na mesma Plaza que DuRuNdAtU

04:00 Sorteo de grandes premios en Pub Delirium

Esta e a nosa proposta para pasar unha fin de semana distinta de Entroido, esperando que sexa do voso agrado e que vos divirtades coma ananos despedimonos dende O Cruceiro a berro de FeStA RaChaDaaaaaaaaaaaaa!!!!!

jueves, 17 de julio de 2008

Grandes premios para os disfrazados no Entroido Quente


Cada día queda un día menos para a chegada do Entroido Quente. Tras as numerosas inscripcións para a participación do Rali do Humor para a tarde do 26, onde todos os participantes deberán estar obligatoriamente disfrazados, tamén queremos promocionar que esta festa de entroido chegue a altas horas da madrugada.

Para elo temos a colaboración dos locales de copas máis importantes da vila, en ditos locales a partir da media noite daranvos unha papeleta con cada consumición, eso sí, teredes que estar disfrazados sinon so vos darán as grazas e si teñen tempo.

As 04:00 da madrugada en Pub Delirium será o sorteo ante Tenorio. Temos grandes premios onde destacan 2 pases de dúas persoas para o Spa Balneario Santo Estevo, cea para dous no restaurante Los Milagros, dous pases para o Balneario de Baños de Molgas, estancia nuha casa rural da Ribeira Sacra e moitos premios máis. De esta forma queremosvos agradecer a vosa involucración no entroido. E tamén agradecerllo os nosos colaboradores que son os que fan posible estos agasallos. Grazas Ambigú, Grazas Cervexería, Grazas Casa Rosa, Grazas Golfo, Grazas Indio, Grazas Delirium, Grazas Contrastes e Grazas Pub Albanta.
Deixovos cunha fotiño do Spa Santo Estevo para que se vos faga a boca auguiña!!
Como sempre.....despedimonos dende O Cruceiro esperando que chegue o día 26 a berro de......FeStA RaChAdA!!!!!!!!!

lunes, 14 de julio de 2008

Faltan 12 días para o Entroido Quente


Esfumase o tempo e so faltan 12 días para o primeiro Entroido Quente da vila de Maceda. Todos estamos deseosos de velo, asique que chegue xa o día 26!!!.

Debido a gran a acollida que está a ter o Rali do Humor tivemos que ampliar o número de grupos, pasamos de 15 grupos a 24. Por o cal teremos 100 participantes para as probas humorísticas do sábado 26. Xa temos 20 escuderías confirmadas, asique so faltan 4 equipos para completar as inscripcións, e recordade que o plazo remata o 20 de Xullo.

Tamén temos algunha novidade de ultima hora, trasladamos os concertos que ían ser na Plaza das Toldas hacia a Plazas das Airas das Mantas, para así poder utiliar as Toldas para a cea dos participantes no Rali do humor e para o punto de control do Rali.

Dende O Cruceiro agradecemos a toda a vila o gran apoio mostrado e so esperamos vervos o día 26 co disfraz posto.

No Cruceiro seguimos traballando para que o 26 esté todo a punto e despedimonos a berro de......FeSTaaaa RacHaDaaaaaaaaaa!!!!!!!


viernes, 4 de julio de 2008

Faltan 22 días para o Entroido Quente


Xa queda moi pouco para poder disfrutar do Entroido Quente de Maceda. Será o Sábado 26 de xullo. Como xa sabedes pola tarde terá lugar a primeira edición do Rali do Humor. Sólo comentarvos que para esta edición temos plazas limitadas, participarán 15 grupos de entre 2 e 4 persoas, esto e debido a organización das probas e da cea ca que serán gratificados todolos participantes. Estimamos pois uns 60 participantes, o cal creemos que para ser a primeira edición esta bastante ben,con esto non queremos pechar portas sinon que o Rali salga o mellor posibel. Tamén informar que a data de inscripción rematará o día 20 do presente mes, para anotarvos deberedes porvos en contacto coa asociación O Cruceiro de Maceda no 676326577.

Despois do Rali e da cea chegará a noite de entroido amenizada con concertos na plaza das Toldas, DuRuNdAtU e KogItO serán os encargados de facer brincar todolos disfraces.

Por a noite queremos recompensar a xente disfrazada polo que nos locais colaboradores cada persoa recibirá un cupón válido para o sorteo as 04:00 da madrugada en Pub Delirium. Disfrazaate porque haberá 400€ en premios doazon de A Cervexería, Pub Albanta, Ambigú, Casa Rosa, Bar Indio, Pub Golfo e Pub Delirium.

Animate a participar no Rali do Humor ou polo menos metete na festa e disfrazate para ver os concertos e a noite de entroido.
Despedimonos dende O Cruceiro a berro de...........FeStA RaChAdA!!!!!

martes, 1 de julio de 2008

O Cruceiro apoiando as motos


Esta fin de semana seguen as actividades promovidas por asociacións da nosa vila. Tras o exitoso maratón de fútbol sala organizado pola asociación O Pipote pasamos a concentración de motos Gaiteiro 2008 organizada pola asociación Motomeda.

As inscripcións comezarán o venres a partir das 16:00 horas na plaza Benigno Álvarez e este mismo día o Clube Motomeda xa ten preparada unha festa de benvida para todos os participantes.

Xa o sábado terán unha ruta por as cercanias de Maceda cunha parada con tapeo no pobo veciño de Baños de Molgas. Este mismo día os inscritos terán cea nas piscinas de Maceda e despois darán colorido a nosa vila cunha ruta na moto con bengalas e a festa seguirá nos locais de copas de Maceda.

O domingo rematará esta actividade coa entrega de trofeos as 16:00 horas nas piscinas municipais.

Mentres tanto no Cruceiro estamos finiquitando os flecos do Entroido Quente e do Rali do Humor, tan so faltan 25 días pa por o disfraz.

Saudos dende O Cruceiro!!!