lunes, 30 de junio de 2008

España campiona da Eurocopa


Hoxe e inevitable darlle a noraboa a selección española de fútbol.
Por fín gañamos un título importante e dende a Asociación O Cruceiro de Maceda queremos adicarlle un pequeno espacio no noso oco virtual.
Grazas selección por facernos vibrar co bo fútbol desenrolado en toda a Eurocopa que se celebrou en Austria e Suiza.
Fomos o mellor equipo de todo o campionato e dende a nosa Asociación disfrutamos coma ananos en cada partido. Parabens para todolos xogadores e pa Luis Aragonés que soupo facer deste equipo unha máquina de realizar bo fútbol e gañar.
Dicen por toda europa que somos a Furia Roxa pero na miña modesta opinión creo que somos a Maxia roxa, asique ahora a por o mundial de Suráfrica 2010.
Que calidad muchacho!!!

lunes, 23 de junio de 2008

Licor café para a cea do Rali do Humor cortesía de Victor Domínguez



Como ben estades informados, a finalización do Rali do Humor todos os participantes estarán convidados a cear na plaza das Toldas. Será unha previa para acoller os concertos de DuRuNdAtU e Kogito con forza para unha noite de entroido quente que vai a ser moi longa.

Na cea poderemos recatar licor café caseiro por cortesía de Victor Dominguez , gran menbro da asociación que ten como un dos seus pasatenpos preferidos unha vella tradición galega, facer licor café na casa para o disfrute persoal e dos seus achegados. Nesta ocasión poderemos disfrutar todos da receita do noso amigo Gas. Atrás quedáron as primeiras elaboracións do noso amigo, as que el mismo denomiba Marraskina Puta polo seu sabor intenso a augardente. Parece que co seu inxenio e os consellos de un gran experto no tema como os do seu amigo Horacio de Castro Caldelas farán que disfrutemos de 15 litros deste preciado liquido.
Grazas Gas!!!

jueves, 19 de junio de 2008

Xa a venta a camiseta do Entroido Quente


Para poder custear os gastos do Entroido Quente fixemos unhas bonitas camisolas para sacar unhos euriños e así poder levar a cabo e promocionar esta importante festa.

Son as camisetas que vedes na foto en color lila, esperemos que lle gusten a xentiña e así non a teñan que comprar por compromiso...jaja.... A nos parecenos que están bastante ben, pero seguro que hai sentencias para todos os gustos, como debe ser!!
Pois nada, esperando que teñan unha boa acollida entre os xóvenes e non tan xóvenes despedimonos dende o cruceiro cun......FeStA RaChAdA!!!!!
Ah olvidabaseme cometnarvos que ademáis destas camietas regalaremos regalaremos outras para difundir, propagar e animar con colorido esta edición de entroido quente, se queredes unha estarán no local da asociacion o cruceiro de maceda!!vide que son de balde!!!



martes, 17 de junio de 2008

Parabens para a liga local de Maceda.



Dende a Asociación O Cruceiro queremos dar as nosas felicitacións ós oraganizadores da liga local de Maceda. Este ano estivo moi conpetitiva e con moito fair play.


Os nosos representantes, O Cruceiro Pub Golfo, rematou a liga regular nunha boa posición, no sexto lugar. Pero este fin de semana perderon na copa en cuartos de final, como a selección española....jajaja. O partido rematou con cero a cero no marcador pero na tanda de penaltis saliu gañando O Pub Palmera de Arnuide. Os nosos parabens tamén para eles.

A copa decidirase este fin de semana, o venres xogarase no pavillon de Baños de Molgas as semifinales, entre Arras Differ Vs Tioira e Nodaiga F.S Vs Pub Palmera.A final e terceiro e cuarto posto será o sábado no pavillon de Maceda.

Parabens para a liga de Maceda e os seus participantes.

Esqueciame dar un pouco de caña o noso Paco Paquito, que decir deste ilustre arbitro que ve cousas que nadie ve e non ve cousas que todos vemos...jaja..Sin cometarios, no fondo queremoste, unhos máis que outros. Pero paquito....fijate un poquito!!