Entroidantes e entroidantas falta nada de nada para o I Entroido Quente Maceda 2008. Espero vervos a todos acicalados cos mellores disfraces que teñades polas rúas Macedanas.
Hoxe imos expor o noso programa para este sábado de Entroido:
17:30 explicaranse as normas para os participantes do Rali do Humor onde haberá 24 grupos apuntados con ganas de montala gloriosa. Será no punto de control que estará situado na plazas das toldas, sede puntuales entroidantes!!
18:00 Chupinazo dende o balcon do Ambigú e transcurso das probas do Rali do humor polas rúas da vila
21:15 Final entre os tres mellores grupos do Rali.
22:00 Cea cortesía de Asociación O Cruceiro para todos os participantes do Rali na Plaza das Toldas
23:00 Concerto de percusión Africana a cargo dos Vascos DuRnDaTu na plaza da igrexa
00:00 Concerto dos Vigueses KoGiTo na mesma Plaza que DuRuNdAtU
04:00 Sorteo de grandes premios en Pub Delirium
Esta e a nosa proposta para pasar unha fin de semana distinta de Entroido, esperando que sexa do voso agrado e que vos divirtades coma ananos despedimonos dende O Cruceiro a berro de FeStA RaChaDaaaaaaaaaaaaa!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario