martes, 14 de octubre de 2008

Variedade de grupos para o castañazo 2008


Grata sorpresa da asociación O Pipote pois parece ser que a primeira edición do Castañazo 2008 vai estar plagada de grupos para amenizar dita vervena.

Non un...nin dous...nin tres...sinon catro grupos serán os encargados de darlle vidilla o primeiro magosto alternativo da vila de maceda. Serán "sin konciencia", "la Cx Band", "Guezos" e de prato principal "Os Cuchufellos". Pois a verdade e que todo pinta ben.....boa comida....fogatiña.....licorciño......musiquiña festiva e o castelo de Maceda como fondo.

lunes, 13 de octubre de 2008

Coa chegada do Outono aparición dos cogomelos


A chegada do outono a nosa comarca deixou nas nosas ladeiras un ben moi preciado para os amantes da natureza e do bo comer. Menbros da asociación saíron en busca de cogomelos para así disfrutar dunha cea na que se pretendia que o boletus edulis fose o persoaxe principal. A tarefa non era nada facil xa que este cogomelo e moi codiciada, o que fai que non sexa tan abundante como fai anos.

O noso presidente( Sr. Nuñez) encabezou a excursión desta tarde de cogomelos aportando toda a sua sabiduria sobre a micoloxía.

Despois dunha tarde de grandes camiñatas polo monte foron recolectados boletus edulis, lactarius deliciosos e lepiotas. Poidemos disfrutar así do gran sabor que dixa o famoso boletus, tanto nun revolto como nun guisiño.
Dende O Cruceiro animamosvos a saír o monte en busca de estes hongos xa que a recompensa que se atopa no plato e meritoira!!!

lunes, 6 de octubre de 2008

Magosto alternativo a cargo da Asociación O Pipote


Xa eran horas de que maceda tivera un magosto alternativo, xa que sempre o magosto organizado polo concello estaba cheo de xente que so viña a encher o bandullo e levarse unha bolsiña cunhos chourizos e unhas castañas para a sua casa.

Este ano parece que a Asociación O Pipote quere facer borrón e conta nova organizando un magosto alternativo para a xente xoven onde as ganas de festa prime sobre as ganas de levarse non sei que e non sei canto para a sua casa.

O magosto será no bosque do castelo, situación perfecta para dita celebración, que de seguro fará lembrar a algún aquelas "noites folk do castelo" que tanto auxe tiñan xa fai bastantes anos atrás.

A data será o 1 de Novembro e haberá un menú típico de magosto, e decir, empanada...chourizo...viño...castañas.....todo por o módico prezo de 5 €. Venderanse tikets ata o 31 deste mes no local do Pipote e na "cafería castillo".
Esta festa estará amenizada por un grupo que aínda esta por confirmar, asique esperamos que Os Pipotes teñan bo gusto e sepan traer a unhos bos cultivadores de festas.

Pois esperando que dita actividade teña gran acollida nos xovenes e non tas xovenes macedans despedimonos dende O Cruceiro a berro de FesTaaa RaaChaaDaaa......


miércoles, 1 de octubre de 2008

Impresionante imaxen da nosa Lucia dende o pacífico


Hoxe mostramos unha impresionante imaxen que nos manda a nosa amiga Lucia Parente dende unha praia perdida no pacífico chamada Praia Ostional( Costa Rica).

Lucia, unha menbra da Asociación O Cruceiro, está alí desenrolando traballos de axuda a estes queridos e peculiares bichos. Ela contanos que uns meses o ano esta praia convertese nun desembarco masivo de tartarugas (Lepidochelys olivacea), é tan masivo porque chegan miles e miles de elas e poñen de 80 a 100 ovos por tartaruga para así asegurar a sua descendencia. Imaxinense a cantidade de ovos, a verdade e que ten que ser verdadeiramente espectacular.
Lucia tamen nos conta que se lle esta a acabando o tempo nese paraiso onde xa leva unhos cantos meses pero que ten ganas de ver os seus e a súa querida Xunqueira.
Dende O Cruceiro enviamosche unhas apertas e despedimos a paso de tartaruga.