domingo, 5 de julio de 2009
Trailer promocional da segunda edición do Entroido Quente
O noso amigo Geredo regalounos este video promocional da segunda edción do entroido quente e Rally do humor que terá lugar o 25 do presente més!!!
jueves, 2 de julio de 2009
O 25 de Xullo será a 2ª edición do Entroido Quente e Rally do humor
Finalmente sí que haberá a segunda edición do Entroido Quente, dispois de moitas dudas por falta de colaboración do concello xa que o ano pasado tardáron de arréo en pagar a un dos grupos que actuaban.
Dende esta páxina pedimos disculpas o grupo Kogito Ska feito na galiza por a tardanza no pago por parte do noso concello. Este ano non teremos estes problemas porque nun principio a asociación o cruceiro correrá cos gastos para posteriormente recibir a axuda do concello.
Apretando un pouco os bolsillo conseguimos traer un mítico dos bares galegos como Tom Trovador, dous persoaxes como Os Fabulosos Cubatas Foking Brother e para a ultima hora o noso amigo Natxo Duff Dj faranos troupelar un pouco bastante.
Pero non vos olvidedes que por a tarde teremos tamén a segunda edición do Rally do Humor, na que niste ano teremos que cobrar 5 euriños por persoa o que incluirá avituallmento, cena e concertos!!!
Tedes unha cita co humor o 25 de Xullo!!
martes, 2 de junio de 2009
lunes, 16 de febrero de 2009
Bo sabado de desmadre e olas
martes, 10 de febrero de 2009
Olas e Tapas para o sabado 14
Este sabado da comenzo entroido Macedan. Celebrarase a primeira edición do sábado de desmadre, o cal será unha previa do entroido que consistirá na segunda edición das festas das olas organizada pola asociación O Pipote máis unha ruta de pinchos polos bares de Maceda na compaña dunha charanga.
As festas das olas comezará na praza das toldas as 17:00 horas, obrigatorio disfrazarse para poder tirar as olas e para tomar un viño dos pipotes.
Preto das 20:00 horas dará comezo a ruta de tapas, comprenderá de 11 bares na compaña dunha charanguiña. Será necesario sacar previamente un tiket que custará 16,50€ o que inclue 11 viños ou cortos e 11 tapiñas.
Bares da ruta:
Os Cazadores: Orellla
O Pincho: Longaniza con Piperrada
A Taberna:Xamon asado
Agustín:Empanada
A Cepa:queixo fresco con anchoas
Bar Plaza:Pan Z fresca
A Cervexería:Arroz
Bar Castillo:Morunos
Bar Rufas: Unhas Chourizas
Bar 2000: Tortilla de patatas
Casa Rosa: Tosta de Salmon con paté de mexillón
Haberá trofeo para a mellor tapa da festa.
Non esquezades disfrazarvos este sábado de desmadre......
jueves, 22 de enero de 2009
Empezamos a traballar no Entroido Quente 2009
O Entroido Quente e Rali do Humor 2009 xa está en preparación.
Para poder financiar dita festa sacamos a venta unhas chapiñas por o módico prezo de un euriño.
A data para este ano será o 25 de Xulio coincindo co noso patrón día de Santiago.
O entroido quente traerá novidades que pouco a pouco poderedes descubrir nesta mesma páxina.
As chapas están a venta na sala de festas Indio, Casa Rosa e Cervexería. Aínda que tamén as teñen todos os menbros da asociación menos o Lalo do Prol.
Esperando que teñan éxito as chapiñas despedimos a berro de festa rachadaaaaaa!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)