sábado, 30 de agosto de 2008

Cunha Pulpada demos a benvida as festas 2008


Máis vale tarde ca nunca, hoxe publicamos as fotos coas que comezamos as festas das neves. Como aínda estabamos fresquiños decidimos non esperar a cea popular do venres das festas e dar por comenzada dita celebración o xoves cunha Gran Pulpada.

O menú foi sinxelo, polvo e máis polvo acompañado de unhos cacheliños .Xuntamonos 40 perosas, todos eles pertenecentes a Asociación o Pipote, Asociación Manzaneda e Asociación O Cruceiro. Todo elo regado co viño que nos sobrara da cea do Entroido Quente, esa foi a excusa, sempre hai que buscala amigos. Tamén disfrutamos dunha sidriña natural asturiana agasallo de Diego e Lolo de Oviedo, eles deleitaronos co arte de escanciar. De postre non podía faltar a bica e o licorciño do noso amigo Gas.

O pulpeiro foi un coñecido por todolos Macedans xa que ten raíces no pobo de Sarreauas de Tioira e está situado todolos domingos diante do Ambigú, el foi o encargado de cocer 80 racions de ese preciado molusco.E ben cocidas si señor!!

Pois esperando que vos gusten estas fotiños despedimonos dende O Cruceiro hasta a próxima actualización.

Fotos Pulpada 2008

viernes, 15 de agosto de 2008

Hoxe mostramos a camiseta do Venres das festas


Como cada ano o Venres das festas a Asociaciación O Cruceiro sae de festa con todos os seus membros enfundados cunha camista común que nós mesmos diseñamos ano tras ano, este ano tocoulle a Daniel Reboredo amd brother.
Sorprendéronos gratamente e parece que esta vai ser a mellor da nosa longa Istoria, pero que sepades que cada ano decimonos o mesmo, eso está ben porque así superámonos ano tras ano.
Antes, todos os venres das festas, íamos onde o noso amigo Ito do Restaurante a Dilixencia, pero dende que os tabernerios do pobo organizan a cea popular acudimos a ela. O ano pasado saímos moi contentos, o arroz estaba moi bo, pero nesta ocasión non estaba tan ben.Parece ser que a comida non chegou para todos e os platos eran bastante risorios. Espero que non o tomen a mal e o tomen como unha critica constructiva.
Trás a cea chegou o que para moitos de nós foi o mellor das festas das Neves 08, a actuación dos festicultores.Coma sempre....Liárona gorda impregnando de festicultura as rúas de Maceda.
Pois nada aquí vos deixamos co Capitán Tabernicolaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!

Boa acollida do 1º torneo de beach volley


Como ben estabades avisados por esta páxina o mercores 7 e xoves 8 de agosto xogouse nas piscinas municipais o primeiro torneo de Beach Volley Vila de Maceda. Xuntaronse un total de 12 equipos con 5 compoñentes en cada escadra.
Moitos de nos poucas veces xogáramos antes a este deporte, pero a verdade e que a partir de agora este deporte terá novos adeptos na nosa vila.
Trás dúas tardes de bos partidos impuxose na gran final o equipo de Nodaiga, que tras gañar tamén a copa na liga de inverno de futbol sala completan un bo ano deportivo.
Dende O Cruceiro queremos agradecer a Edu Cruceiro e Tino Pipote o seu traballo para que o torneo salise adiante, como tamén aos que pasaron por a silla do árbitro como Pablo Casas, Becho e Seguín.
O premio para os Nodaiga foi de 150 euros, para os segundos foi de 90 euros e para os terceiros 60 euriños.

sábado, 2 de agosto de 2008

Campionato de beach volley nas piscinas

Non todo vai ser festa amigos, entre festa e festa teremos que facer algo de deporte, non si?....

Entre a resaca do entroido quente, as festas de Molgas nesta fin de semana e as de Maceda para o que ven decidimos en colaboración coa Asociación O Pipote organizar un pequeno torneo de beach-volley nas piscinas municipais para así afrontar as festas das neves con forzas. Teredesvos que dar presa porque a data está cercana, será o mercores e xoves de esta mesma semana.

Os equipos serán de catro xogadores podendo ter un máis no banquillo. Os equipos terán que aportar 5€ por xogador e haberá premios para os tres mellores. O 1º clasificado levará o 50% das inscripción, o 2º gañará o 30% e o terceiro gañará o 20%.

Para apuntarvos chamade o Edu Carradas o nº 687912595 ou comentadello nas piscinas a él ou a Tino do Pipote.

Pois aquí queda unha actividade organizada por Asociación O Cruceiro e Asociación O Pipote.

Maceda móvese.......móvete ti tamén!!!!