Máis vale tarde ca nunca, hoxe publicamos as fotos coas que comezamos as festas das neves. Como aínda estabamos fresquiños decidimos non esperar a cea popular do venres das festas e dar por comenzada dita celebración o xoves cunha Gran Pulpada.
O menú foi sinxelo, polvo e máis polvo acompañado de unhos cacheliños .Xuntamonos 40 perosas, todos eles pertenecentes a Asociación o Pipote, Asociación Manzaneda e Asociación O Cruceiro. Todo elo regado co viño que nos sobrara da cea do Entroido Quente, esa foi a excusa, sempre hai que buscala amigos. Tamén disfrutamos dunha sidriña natural asturiana agasallo de Diego e Lolo de Oviedo, eles deleitaronos co arte de escanciar. De postre non podía faltar a bica e o licorciño do noso amigo Gas.
O pulpeiro foi un coñecido por todolos Macedans xa que ten raíces no pobo de Sarreauas de Tioira e está situado todolos domingos diante do Ambigú, el foi o encargado de cocer 80 racions de ese preciado molusco.E ben cocidas si señor!!
Pois esperando que vos gusten estas fotiños despedimonos dende O Cruceiro hasta a próxima actualización.
Fotos Pulpada 2008 |
3 comentarios:
Ahi si que hai rabos... e non precisamente de pulpo,je je...mazi-zorrosssss!
jajaja.....pouco rabo e moita cabeza!!besiños!!
Publicar un comentario