Xa rematou a cuarta edición do reperkusión 2008. Rematou sendo a mellor de todas, tanto en organización coma na elección dos grupos. Reperkusion xa non so é un festival musical sinon que é unha mezcla racial e cultural que quita importancia as razas e a todos os niveis sociais. Alí podiase ver a Pijis-hipies,rockeros-rumberos, neopoperos, semiperroflautas, algun punkarra, tecnoduvis e xente tan corriente e de gran calidade coma os do Cruceiro de Maceda....e todos convivimos e disfrutamos da abundancia de estilos que este ano a organización nos brindou.
Non so os concertos animaron a numerosa congregación de xóvenes desta fin de semana pasada en allariz sinon que as múltiples actividades como talleres,acrobatas, circos, malabares.......... fixéronos disfrutar de unha fin de semana ben distinta o resto.
Destacou un grupo na carpa do sábado a tarde chamado Munduko Beat e non defraudaron Os Delinquentes, nin 2many dj´s,nin Roy Paci, nin a Troba Kun Fu, nin Pinker Tones..........a verdade e que moi ben todos, tanto os grupos de tarde coma os da noite. Si houbera que criticar algo so criticaría a cervexa heineken e as copas algo caras, esperamos que nos vindeiros anos Estrella Galicia solte a pita.
En comclusión.....unha gran festa amenizada por unha gran variedade de estilos. Dende O Cruceiro dámos as nosas noraboas ós festikultures por organizar esta pedazo de vervena.
Hasta o ano que ven RePerKuSiOn!!!!!!!!
6 comentarios:
Pois si señor q foi unha festa carralluda.A xente pasouno de rechupete.
ÑUÑI ESTO SI QUE É UN CARPÓN!!!!
tanto como o mellor......¡¡¡¡
por certo, cando e a presentación das novas fichaxes do cruceiro....hai rumores d que van dar que falar¡¡jeje
Perroflautada A Tope.....
a cervexa heineken a mellor sen duda!!!
foiche moitoooooo
Publicar un comentario