
Xa eran horas de que maceda tivera un magosto alternativo, xa que sempre o magosto organizado polo concello estaba cheo de xente que so viña a encher o bandullo e levarse unha bolsiña cunhos chourizos e unhas castañas para a sua casa.
Este ano parece que a Asociación O Pipote quere facer borrón e conta nova organizando un magosto alternativo para a xente xoven onde as ganas de festa prime sobre as ganas de levarse non sei que e non sei canto para a sua casa.
O magosto será no bosque do castelo, situación perfecta para dita celebración, que de seguro fará lembrar a algún aquelas "noites folk do castelo" que tanto auxe tiñan xa fai bastantes anos atrás.
A data será o 1 de Novembro e haberá un menú típico de magosto, e decir, empanada...chourizo...viño...castañas.....todo por o módico prezo de 5 €. Venderanse tikets ata o 31 deste mes no local do Pipote e na "cafería castillo".
Esta festa estará amenizada por un grupo que aínda esta por confirmar, asique esperamos que Os Pipotes teñan bo gusto e sepan traer a unhos bos cultivadores de festas.
Pois esperando que dita actividade teña gran acollida nos xovenes e non tas xovenes macedans despedimonos dende O Cruceiro a berro de FesTaaa RaaChaaDaaa......