A chegada do outono a nosa comarca deixou nas nosas ladeiras un ben moi preciado para os amantes da natureza e do bo comer. Menbros da asociación saíron en busca de cogomelos para así disfrutar dunha cea na que se pretendia que o boletus edulis fose o persoaxe principal. A tarefa non era nada facil xa que este cogomelo e moi codiciada, o que fai que non sexa tan abundante como fai anos.
O noso presidente( Sr. Nuñez) encabezou a excursión desta tarde de cogomelos aportando toda a sua sabiduria sobre a micoloxía.
Despois dunha tarde de grandes camiñatas polo monte foron recolectados boletus edulis, lactarius deliciosos e lepiotas. Poidemos disfrutar así do gran sabor que dixa o famoso boletus, tanto nun revolto como nun guisiño.
Dende O Cruceiro animamosvos a saír o monte en busca de estes hongos xa que a recompensa que se atopa no plato e meritoira!!!
1 comentario:
que setas mas locas...yo me las guiso....yo me las como...como el Palomo ese!!
Publicar un comentario