lunes, 16 de febrero de 2009

Bo sabado de desmadre e olas



Sobre as 18:oo horas do sábado comenzaban a voar as primeiras olas de barro de Niñodaguia que daban o pistoletazo de sáida do entroido Macedan.

Non é que houbese moita participación pero os que estabamos chegabamos ben!!




As 20:00 horas comenzaba unha a ruta de tapeo por 11 bares do centro da vila, o cal para estar organizado nesa mesma semana non estivo mal.

















Tamén tivemos unhos peculirares piratas cun carro de vacas timonado por un quad. Que regalaron os presentes unha pequena farelada!!!




Aasistiron grandes eminencias como Gustavo e Stive Urkel

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Os mellores da noite.He sido yo!!!ja ja ja.Saudos Cruceiro.

beauty, not fashion dijo...

como lo pasais...
envidia q m dais...
jj

una putada lo de los videos de la petanca, por cierto
=/

Anónimo dijo...

Nobres vencellados ao castelo de Maceda
Por Santiago Prol

Chega as librerías un novo libro do escritor e investigador Santiago Prol publicado pola editorial “Difusora de letras, artes e ideas”, máis de 250 páxinas nas que se recolle os nobres vencellados a Maceda e ao seu castelo na que o autor percorre, expón e nos achega a historia de Maceda dende as vivencias dos seus personaxes de máis nobreza. Como expón na contraportada do libro:

“Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo carreira política e militar dentro da Igrexa. Joâo da Nova, un galego universal, o máis relevante do século XVI. Xoán Iáñez de Nóvoa e o Panteón de Nóvoas Egrexios.

Outrosí o condado de Maceda (1654) que lle foi concedido a Alonso de Lanzós e Nóvoa. O III conde Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa acadou a Grandeza de España de 1ª clase (1710). O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco chegou a gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra. Unha condesa de Maceda está soterrada no que hogano conforma o Panteón de Galegos Ilustres. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, finou na batalla de Medina de Rioseco (1808). Xoán Xosé caamaño Pardo, conde consorte de Maceda, foi un dos ilustrados de comezos do XIX en Galiza… A relevante nómina deste volume soborda o ámbito local. Unha aproximación necesaria que enche unha eiva da nosa memoria colectiva”.

A foto da portada do libro tela no blog de Joao da Nova http://www.blogoteca.com/joaodanova