viernes, 15 de agosto de 2008

Boa acollida do 1º torneo de beach volley


Como ben estabades avisados por esta páxina o mercores 7 e xoves 8 de agosto xogouse nas piscinas municipais o primeiro torneo de Beach Volley Vila de Maceda. Xuntaronse un total de 12 equipos con 5 compoñentes en cada escadra.
Moitos de nos poucas veces xogáramos antes a este deporte, pero a verdade e que a partir de agora este deporte terá novos adeptos na nosa vila.
Trás dúas tardes de bos partidos impuxose na gran final o equipo de Nodaiga, que tras gañar tamén a copa na liga de inverno de futbol sala completan un bo ano deportivo.
Dende O Cruceiro queremos agradecer a Edu Cruceiro e Tino Pipote o seu traballo para que o torneo salise adiante, como tamén aos que pasaron por a silla do árbitro como Pablo Casas, Becho e Seguín.
O premio para os Nodaiga foi de 150 euros, para os segundos foi de 90 euros e para os terceiros 60 euriños.

sábado, 2 de agosto de 2008

Campionato de beach volley nas piscinas

Non todo vai ser festa amigos, entre festa e festa teremos que facer algo de deporte, non si?....

Entre a resaca do entroido quente, as festas de Molgas nesta fin de semana e as de Maceda para o que ven decidimos en colaboración coa Asociación O Pipote organizar un pequeno torneo de beach-volley nas piscinas municipais para así afrontar as festas das neves con forzas. Teredesvos que dar presa porque a data está cercana, será o mercores e xoves de esta mesma semana.

Os equipos serán de catro xogadores podendo ter un máis no banquillo. Os equipos terán que aportar 5€ por xogador e haberá premios para os tres mellores. O 1º clasificado levará o 50% das inscripción, o 2º gañará o 30% e o terceiro gañará o 20%.

Para apuntarvos chamade o Edu Carradas o nº 687912595 ou comentadello nas piscinas a él ou a Tino do Pipote.

Pois aquí queda unha actividade organizada por Asociación O Cruceiro e Asociación O Pipote.

Maceda móvese.......móvete ti tamén!!!!

lunes, 28 de julio de 2008

Exitosa primeira edición do Entroido Quente 08


Non hai nada mellor que superar as expectativas da xente cando se organiza algo. Non tiñamos ningunha dúbida de nós pero a verdade e que daba respeto,pero escoitados os comentarios do domingo de resaca podemos estar contentos no Cruceiro.


O Rali do Humor comezou puntualmente as 18:00 horas co chupinazo dende a balconada do Ambigú, participaron 23 grupos(unhas 100 persoas) acicalados cós mellores disfraces e carrozas, os cales fixeron disfrutar a toda a vila deste entroido quente. O Rali funcionou a perfección, as probas transcurriron por a Rúa do medio, O Cantón, A fonte dos canos, Plaza dos cabaceiros......

Tras as probas que transcurriron hasta as 21:15 chegou a final entre os tres mellores grupos,. chegaron a gran final do xogo da Oca Os Bordini, Las chicas son guerreras e Os de Almoite.

A sorte acompañou na oca a "Las chicas son guerrras" e nun "plis plas" acavaron cos Bordini e cos de Almoite. Destacar o premio a mellor carroza a dos Bordini que viñan co burro do Pepiño de Chaioso e para os maís simpaticos non tiñamos premio pero si o tuveramos sería para o "equipo ja", tamen non pasou desapercibido o negriño zumbón do Cola cao!!jajaja!!

Tras o Rali pasamos a cea para os participantes onde do que había non faltaba de nada, e hasta sobrou de todo!!

As 23:00 repenicaron os DuRuNdATu cos seus timbales, eles tamén superaron as nosas expectativas!!graciñas!!Os Kogito tamen estuveron moi animados facendo botar na plaza a todos os disfrazados!!

As 04:30 da maña fixemos o sorteo en pub Delirium para todos os disfrazados onde os premiados foron Sara de Tioira, Patricia de Sarreaus, Anita de Esgos, María Turriña........

Dende O Cruceiro queremos agradecer a todos os participantes as súas ganas de festa e que sepades que po ano teredes máis e mellor!!!!!!


Graciñas a todos!!!!e.....festaaaaa rachadaaaaaaaaaaa!!!!

martes, 22 de julio de 2008

Programa Entroido Quente.


Entroidantes e entroidantas falta nada de nada para o I Entroido Quente Maceda 2008. Espero vervos a todos acicalados cos mellores disfraces que teñades polas rúas Macedanas.


Hoxe imos expor o noso programa para este sábado de Entroido:

17:30 explicaranse as normas para os participantes do Rali do Humor onde haberá 24 grupos apuntados con ganas de montala gloriosa. Será no punto de control que estará situado na plazas das toldas, sede puntuales entroidantes!!

18:00 Chupinazo dende o balcon do Ambigú e transcurso das probas do Rali do humor polas rúas da vila

21:15 Final entre os tres mellores grupos do Rali.
22:00 Cea cortesía de Asociación O Cruceiro para todos os participantes do Rali na Plaza das Toldas

23:00 Concerto de percusión Africana a cargo dos Vascos DuRnDaTu na plaza da igrexa

00:00 Concerto dos Vigueses KoGiTo na mesma Plaza que DuRuNdAtU

04:00 Sorteo de grandes premios en Pub Delirium

Esta e a nosa proposta para pasar unha fin de semana distinta de Entroido, esperando que sexa do voso agrado e que vos divirtades coma ananos despedimonos dende O Cruceiro a berro de FeStA RaChaDaaaaaaaaaaaaa!!!!!