jueves, 22 de enero de 2009

Empezamos a traballar no Entroido Quente 2009


O Entroido Quente e Rali do Humor 2009 xa está en preparación.

Para poder financiar dita festa sacamos a venta unhas chapiñas por o módico prezo de un euriño.

A data para este ano será o 25 de Xulio coincindo co noso patrón día de Santiago.

O entroido quente traerá novidades que pouco a pouco poderedes descubrir nesta mesma páxina.


As chapas están a venta na sala de festas Indio, Casa Rosa e Cervexería. Aínda que tamén as teñen todos os menbros da asociación menos o Lalo do Prol.

Esperando que teñan éxito as chapiñas despedimos a berro de festa rachadaaaaaa!!!


sábado, 27 de diciembre de 2008

Volvemos por o nadal


Despois de un par de meses de vacacións a páxina da asociación intentará porse un pouco o día. Non escribimos pero non porque non sucedesen cousas en maceda, simplemente porque estivemos un pouco perezosos.

Dende a asociación O Cruceiro queremos desexarlles unhas felices festas a toda a nosa xentiña.

martes, 14 de octubre de 2008

Variedade de grupos para o castañazo 2008


Grata sorpresa da asociación O Pipote pois parece ser que a primeira edición do Castañazo 2008 vai estar plagada de grupos para amenizar dita vervena.

Non un...nin dous...nin tres...sinon catro grupos serán os encargados de darlle vidilla o primeiro magosto alternativo da vila de maceda. Serán "sin konciencia", "la Cx Band", "Guezos" e de prato principal "Os Cuchufellos". Pois a verdade e que todo pinta ben.....boa comida....fogatiña.....licorciño......musiquiña festiva e o castelo de Maceda como fondo.

lunes, 13 de octubre de 2008

Coa chegada do Outono aparición dos cogomelos


A chegada do outono a nosa comarca deixou nas nosas ladeiras un ben moi preciado para os amantes da natureza e do bo comer. Menbros da asociación saíron en busca de cogomelos para así disfrutar dunha cea na que se pretendia que o boletus edulis fose o persoaxe principal. A tarefa non era nada facil xa que este cogomelo e moi codiciada, o que fai que non sexa tan abundante como fai anos.

O noso presidente( Sr. Nuñez) encabezou a excursión desta tarde de cogomelos aportando toda a sua sabiduria sobre a micoloxía.

Despois dunha tarde de grandes camiñatas polo monte foron recolectados boletus edulis, lactarius deliciosos e lepiotas. Poidemos disfrutar así do gran sabor que dixa o famoso boletus, tanto nun revolto como nun guisiño.
Dende O Cruceiro animamosvos a saír o monte en busca de estes hongos xa que a recompensa que se atopa no plato e meritoira!!!