Esta fin de semana seguen as actividades promovidas por asociacións da nosa vila. Tras o exitoso maratón de fútbol sala organizado pola asociación O Pipote pasamos a concentración de motos Gaiteiro 2008 organizada pola asociación Motomeda.
As inscripcións comezarán o venres a partir das 16:00 horas na plaza Benigno Álvarez e este mismo día o Clube Motomeda xa ten preparada unha festa de benvida para todos os participantes.
Xa o sábado terán unha ruta por as cercanias de Maceda cunha parada con tapeo no pobo veciño de Baños de Molgas. Este mismo día os inscritos terán cea nas piscinas de Maceda e despois darán colorido a nosa vila cunha ruta na moto con bengalas e a festa seguirá nos locais de copas de Maceda.
O domingo rematará esta actividade coa entrega de trofeos as 16:00 horas nas piscinas municipais.
Mentres tanto no Cruceiro estamos finiquitando os flecos do Entroido Quente e do Rali do Humor, tan so faltan 25 días pa por o disfraz.
Saudos dende O Cruceiro!!!
3 comentarios:
Estamos coma motos...gin gin gin e que comece o espectáculo!!!
esta bien que se vuelva a recuperar cosas perdidas!!muchos animos motomeda!a vosotros también cruceiros!!besitos a todos!!pero cuantas asociaciones hay en este pueblo?
claro ke si o finde pipotes e cruceiros todos a concentración e os ke non teñan moto ke vaian en bicicleta o importante e a festaza ke se vai montar...
Publicar un comentario