viernes, 15 de agosto de 2008
Boa acollida do 1º torneo de beach volley
Como ben estabades avisados por esta páxina o mercores 7 e xoves 8 de agosto xogouse nas piscinas municipais o primeiro torneo de Beach Volley Vila de Maceda. Xuntaronse un total de 12 equipos con 5 compoñentes en cada escadra.
Moitos de nos poucas veces xogáramos antes a este deporte, pero a verdade e que a partir de agora este deporte terá novos adeptos na nosa vila.
Trás dúas tardes de bos partidos impuxose na gran final o equipo de Nodaiga, que tras gañar tamén a copa na liga de inverno de futbol sala completan un bo ano deportivo.
Dende O Cruceiro queremos agradecer a Edu Cruceiro e Tino Pipote o seu traballo para que o torneo salise adiante, como tamén aos que pasaron por a silla do árbitro como Pablo Casas, Becho e Seguín.
O premio para os Nodaiga foi de 150 euros, para os segundos foi de 90 euros e para os terceiros 60 euriños.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
o carradas organiza que nin o demo!!congratulations!!
si si, estivo moi ben!!!!pero o próximo verán agardamos tamén por un torneo de beach voley feminino!!!parabéns a Edu e Tino!!!
Publicar un comentario