lunes, 6 de octubre de 2008

Magosto alternativo a cargo da Asociación O Pipote


Xa eran horas de que maceda tivera un magosto alternativo, xa que sempre o magosto organizado polo concello estaba cheo de xente que so viña a encher o bandullo e levarse unha bolsiña cunhos chourizos e unhas castañas para a sua casa.

Este ano parece que a Asociación O Pipote quere facer borrón e conta nova organizando un magosto alternativo para a xente xoven onde as ganas de festa prime sobre as ganas de levarse non sei que e non sei canto para a sua casa.

O magosto será no bosque do castelo, situación perfecta para dita celebración, que de seguro fará lembrar a algún aquelas "noites folk do castelo" que tanto auxe tiñan xa fai bastantes anos atrás.

A data será o 1 de Novembro e haberá un menú típico de magosto, e decir, empanada...chourizo...viño...castañas.....todo por o módico prezo de 5 €. Venderanse tikets ata o 31 deste mes no local do Pipote e na "cafería castillo".
Esta festa estará amenizada por un grupo que aínda esta por confirmar, asique esperamos que Os Pipotes teñan bo gusto e sepan traer a unhos bos cultivadores de festas.

Pois esperando que dita actividade teña gran acollida nos xovenes e non tas xovenes macedans despedimonos dende O Cruceiro a berro de FesTaaa RaaChaaDaaa......


13 comentarios:

Anónimo dijo...

troitas e pementos pa todos!!!!jajajajajaja

Anónimo dijo...

Esto cheirame que vai a ser como a cea do venres das festas.

Anónimo dijo...

hai que empezar xa de tarde,e aver se traedes unha boa charangaina que amenize o castañazo.De tódolos xeitos haberá batucada,je je..de eso xa me encargo eu...eteeeee!!!
Luis Miguel selección...

Anónimo dijo...

eiki vanse cocer fabas das boas....menudo castañazo imos amarrar!!jajaja

Anónimo dijo...

As pipas do pipote seguro q non an faltar e non son pipas coma as do lambetadas estas son de 15 olas que esos ben chas beben.

Anónimo dijo...

chourizos,empanada,bica,pan....viño e licor café ata agotar existencias,rock and roll,que mais se pode pedir por 5 euros.

Anónimo dijo...

¿A que vos referides con eso de "alternativo"?Porque ese termo pode ter moita retranca...je je
Alternar/alterne...
En fin pilarin, hai estaremos para dar algún que outro castañazo!!!
Panucci selección!!!

Anónimo dijo...

panuchi haberá heineken a tope non?

Anónimo dijo...

Eu se vai o castañolas non vou!! ademáis, non me fío de ninguén que organice unha festa gastronómica.
A comer cada un a súa casa!!!

Anónimo dijo...

non e unha festa gastronomica e un magosto alternativo!!!musica,castañas,viño e tal...

Anónimo dijo...

Panuchi xa podes cargarlle ben os platos q despois cublicanchos en internete.

Anónimo dijo...

tenorio quen te invitou a ti o magosto ehhh,jaja!!

Anónimo dijo...

a verdade e que non sei si estarei para esa fecha, ainda que iba a ir ainda sin estar invitado, asi me las gastos pipotes!!!!jajaja