lunes, 12 de abril de 2010

Confirmacions 3ª edición Entroido Quente


Xa podemos confirmar as actuacións para o Entroido Quente 2010. Para os que somos uns amantes do festival Reperkusión dos nosos veciños de allariz soará a moito o nome de FUNKY STYLE BRASS, porque para moitos dos alí presentes nomeaban a estes franceses como a sorpresaza alegre funkifestivaleira chegada dende La france. Pois dende La France po entroido quente, a verdade e que foi unha sorpresaza que non seria posible sen a axuda de Rumbao, dende o cruceiro moitas grazas!!!

Despois deste plato forte presentamos outro non menos apetecible....LA AKUSTICAASESINA,nace da escisión dos Festikultores e Miñor Swing.Algúns
dos seus menbros deciden formar un grupo paralelo e recorre-los
escearios ateigando de rumba mestiza ao espírito dos espectadores.Son
acústico,directo e contundente.Versionan
a Manu Chao,Amparanoia,Los Fabulosos Cadillacs e un largo etc...Unha
aposta de futuro que seguro que dará moito que falar en vindeiros anos.

Por ultimo tocame presentar o xa coñecido por todos Tom Trovador, esta gramola con forma de home derrama rumba, wasa,cancion de autor, rock, pumk e o que lle voten. Moi coñecido nos bares santiagueses e mallorquins presentaranos o seu ultimo traballo!!!!

Creemos que é un programa máis que digno pra tolear o 24 de xullo, pon o disfraz e votate fora!!!

Maceda Móvese,Móvete Ti Tamen!!!

domingo, 11 de abril de 2010

Entroido Quente 2010



O ano 2010 traerá consigo a terceira edición do Entroido Quente e Rally do humor. Xa estamos traballando de arreo pra poder brindar a mellor edición, chea de novedosas probas humorísticas e grandes concertos para troulear toda a noite.

Por ahora so temos a confirmación do mítico Tom Trovador que virá dende Palma de Mallorca para presentar o seu ultimo traballo. Si todo sae como pensamos terémos en maceda un dos grupos revelación do festival reperkusión de allariz que virám denda a francia para fascinarnos cos seus ritmos funky festeiros e tamen terémos un grupiño da nosa comarca que intentarémos confirmar a principios desta semana.


Pois eso....que sepades que estamos traballando de arreo pra poder ofrecer a mellor edición do Entroido Quente o 24 de xullo!!!!

domingo, 5 de julio de 2009

Trailer promocional da segunda edición do Entroido Quente



O noso amigo Geredo regalounos este video promocional da segunda edción do entroido quente e Rally do humor que terá lugar o 25 do presente més!!!

jueves, 2 de julio de 2009

O 25 de Xullo será a 2ª edición do Entroido Quente e Rally do humor


Finalmente sí que haberá a segunda edición do Entroido Quente, dispois de moitas dudas por falta de colaboración do concello xa que o ano pasado tardáron de arréo en pagar a un dos grupos que actuaban.
Dende esta páxina pedimos disculpas o grupo Kogito Ska feito na galiza por a tardanza no pago por parte do noso concello. Este ano non teremos estes problemas porque nun principio a asociación o cruceiro correrá cos gastos para posteriormente recibir a axuda do concello.
Apretando un pouco os bolsillo conseguimos traer un mítico dos bares galegos como Tom Trovador, dous persoaxes como Os Fabulosos Cubatas Foking Brother e para a ultima hora o noso amigo Natxo Duff Dj faranos troupelar un pouco bastante.
Pero non vos olvidedes que por a tarde teremos tamén a segunda edición do Rally do Humor, na que niste ano teremos que cobrar 5 euriños por persoa o que incluirá avituallmento, cena e concertos!!!
Tedes unha cita co humor o 25 de Xullo!!

lunes, 16 de febrero de 2009

Bo sabado de desmadre e olas



Sobre as 18:oo horas do sábado comenzaban a voar as primeiras olas de barro de Niñodaguia que daban o pistoletazo de sáida do entroido Macedan.

Non é que houbese moita participación pero os que estabamos chegabamos ben!!




As 20:00 horas comenzaba unha a ruta de tapeo por 11 bares do centro da vila, o cal para estar organizado nesa mesma semana non estivo mal.

















Tamén tivemos unhos peculirares piratas cun carro de vacas timonado por un quad. Que regalaron os presentes unha pequena farelada!!!




Aasistiron grandes eminencias como Gustavo e Stive Urkel

martes, 10 de febrero de 2009

Olas e Tapas para o sabado 14


Este sabado da comenzo entroido Macedan. Celebrarase a primeira edición do sábado de desmadre, o cal será unha previa do entroido que consistirá na segunda edición das festas das olas organizada pola asociación O Pipote máis unha ruta de pinchos polos bares de Maceda na compaña dunha charanga.

As festas das olas comezará na praza das toldas as 17:00 horas, obrigatorio disfrazarse para poder tirar as olas e para tomar un viño dos pipotes.


Preto das 20:00 horas dará comezo a ruta de tapas, comprenderá de 11 bares na compaña dunha charanguiña. Será necesario sacar previamente un tiket que custará 16,50€ o que inclue 11 viños ou cortos e 11 tapiñas.
Bares da ruta:
Os Cazadores: Orellla
O Pincho: Longaniza con Piperrada
A Taberna:Xamon asado
Agustín:Empanada
A Cepa:queixo fresco con anchoas
Bar Plaza:Pan Z fresca
A Cervexería:Arroz
Bar Castillo:Morunos
Bar Rufas: Unhas Chourizas
Bar 2000: Tortilla de patatas
Casa Rosa: Tosta de Salmon con paté de mexillón
Haberá trofeo para a mellor tapa da festa.

Non esquezades disfrazarvos este sábado de desmadre......

jueves, 22 de enero de 2009

Empezamos a traballar no Entroido Quente 2009


O Entroido Quente e Rali do Humor 2009 xa está en preparación.

Para poder financiar dita festa sacamos a venta unhas chapiñas por o módico prezo de un euriño.

A data para este ano será o 25 de Xulio coincindo co noso patrón día de Santiago.

O entroido quente traerá novidades que pouco a pouco poderedes descubrir nesta mesma páxina.


As chapas están a venta na sala de festas Indio, Casa Rosa e Cervexería. Aínda que tamén as teñen todos os menbros da asociación menos o Lalo do Prol.

Esperando que teñan éxito as chapiñas despedimos a berro de festa rachadaaaaaa!!!


sábado, 27 de diciembre de 2008

Volvemos por o nadal


Despois de un par de meses de vacacións a páxina da asociación intentará porse un pouco o día. Non escribimos pero non porque non sucedesen cousas en maceda, simplemente porque estivemos un pouco perezosos.

Dende a asociación O Cruceiro queremos desexarlles unhas felices festas a toda a nosa xentiña.

martes, 14 de octubre de 2008

Variedade de grupos para o castañazo 2008


Grata sorpresa da asociación O Pipote pois parece ser que a primeira edición do Castañazo 2008 vai estar plagada de grupos para amenizar dita vervena.

Non un...nin dous...nin tres...sinon catro grupos serán os encargados de darlle vidilla o primeiro magosto alternativo da vila de maceda. Serán "sin konciencia", "la Cx Band", "Guezos" e de prato principal "Os Cuchufellos". Pois a verdade e que todo pinta ben.....boa comida....fogatiña.....licorciño......musiquiña festiva e o castelo de Maceda como fondo.

lunes, 13 de octubre de 2008

Coa chegada do Outono aparición dos cogomelos


A chegada do outono a nosa comarca deixou nas nosas ladeiras un ben moi preciado para os amantes da natureza e do bo comer. Menbros da asociación saíron en busca de cogomelos para así disfrutar dunha cea na que se pretendia que o boletus edulis fose o persoaxe principal. A tarefa non era nada facil xa que este cogomelo e moi codiciada, o que fai que non sexa tan abundante como fai anos.

O noso presidente( Sr. Nuñez) encabezou a excursión desta tarde de cogomelos aportando toda a sua sabiduria sobre a micoloxía.

Despois dunha tarde de grandes camiñatas polo monte foron recolectados boletus edulis, lactarius deliciosos e lepiotas. Poidemos disfrutar así do gran sabor que dixa o famoso boletus, tanto nun revolto como nun guisiño.
Dende O Cruceiro animamosvos a saír o monte en busca de estes hongos xa que a recompensa que se atopa no plato e meritoira!!!

lunes, 6 de octubre de 2008

Magosto alternativo a cargo da Asociación O Pipote


Xa eran horas de que maceda tivera un magosto alternativo, xa que sempre o magosto organizado polo concello estaba cheo de xente que so viña a encher o bandullo e levarse unha bolsiña cunhos chourizos e unhas castañas para a sua casa.

Este ano parece que a Asociación O Pipote quere facer borrón e conta nova organizando un magosto alternativo para a xente xoven onde as ganas de festa prime sobre as ganas de levarse non sei que e non sei canto para a sua casa.

O magosto será no bosque do castelo, situación perfecta para dita celebración, que de seguro fará lembrar a algún aquelas "noites folk do castelo" que tanto auxe tiñan xa fai bastantes anos atrás.

A data será o 1 de Novembro e haberá un menú típico de magosto, e decir, empanada...chourizo...viño...castañas.....todo por o módico prezo de 5 €. Venderanse tikets ata o 31 deste mes no local do Pipote e na "cafería castillo".
Esta festa estará amenizada por un grupo que aínda esta por confirmar, asique esperamos que Os Pipotes teñan bo gusto e sepan traer a unhos bos cultivadores de festas.

Pois esperando que dita actividade teña gran acollida nos xovenes e non tas xovenes macedans despedimonos dende O Cruceiro a berro de FesTaaa RaaChaaDaaa......


miércoles, 1 de octubre de 2008

Impresionante imaxen da nosa Lucia dende o pacífico


Hoxe mostramos unha impresionante imaxen que nos manda a nosa amiga Lucia Parente dende unha praia perdida no pacífico chamada Praia Ostional( Costa Rica).

Lucia, unha menbra da Asociación O Cruceiro, está alí desenrolando traballos de axuda a estes queridos e peculiares bichos. Ela contanos que uns meses o ano esta praia convertese nun desembarco masivo de tartarugas (Lepidochelys olivacea), é tan masivo porque chegan miles e miles de elas e poñen de 80 a 100 ovos por tartaruga para así asegurar a sua descendencia. Imaxinense a cantidade de ovos, a verdade e que ten que ser verdadeiramente espectacular.
Lucia tamen nos conta que se lle esta a acabando o tempo nese paraiso onde xa leva unhos cantos meses pero que ten ganas de ver os seus e a súa querida Xunqueira.
Dende O Cruceiro enviamosche unhas apertas e despedimos a paso de tartaruga.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Gran ReperKusión 2008


Xa rematou a cuarta edición do reperkusión 2008. Rematou sendo a mellor de todas, tanto en organización coma na elección dos grupos. Reperkusion xa non so é un festival musical sinon que é unha mezcla racial e cultural que quita importancia as razas e a todos os niveis sociais. Alí podiase ver a Pijis-hipies,rockeros-rumberos, neopoperos, semiperroflautas, algun punkarra, tecnoduvis e xente tan corriente e de gran calidade coma os do Cruceiro de Maceda....e todos convivimos e disfrutamos da abundancia de estilos que este ano a organización nos brindou.

Non so os concertos animaron a numerosa congregación de xóvenes desta fin de semana pasada en allariz sinon que as múltiples actividades como talleres,acrobatas, circos, malabares.......... fixéronos disfrutar de unha fin de semana ben distinta o resto.

Destacou un grupo na carpa do sábado a tarde chamado Munduko Beat e non defraudaron Os Delinquentes, nin 2many dj´s,nin Roy Paci, nin a Troba Kun Fu, nin Pinker Tones..........a verdade e que moi ben todos, tanto os grupos de tarde coma os da noite. Si houbera que criticar algo so criticaría a cervexa heineken e as copas algo caras, esperamos que nos vindeiros anos Estrella Galicia solte a pita.

En comclusión.....unha gran festa amenizada por unha gran variedade de estilos. Dende O Cruceiro dámos as nosas noraboas ós festikultures por organizar esta pedazo de vervena.

Hasta o ano que ven RePerKuSiOn!!!!!!!!

jueves, 11 de septiembre de 2008

Novidades na Liga Local de Maceda 2008


Hoxe presentamos unha nova referente a liga local de fútbol sala da comarca de Maceda. Dende este ano esta liga presentará un novo formato xa que pasaremos a ter dúas divisions, na primeira xogarán os 8 primeiros clasificados da liga do ano pasado. Por suposto o Cruceiro Sport Golfo estará na elite do fútbol local Macedan por quedar na sexta posición a tempada pasada, esperemos que sexa por moitos anos ainda que sabemos a dificultade que traerá consigo a nova liga.

Na segunda división estaran os noso veciños e amigos Atletico Pipote, onde o seu capitán e presidente Don Marcos Panucci esta un pouco consternado pola mala nova xa que esperaban con ansia a revancha do partido contra nós da tempada pasada. Dende O Cruceiro desexamosvos un feliz ano no infiernillo da segunda división, e volvede pronto que sin vos non somos nadie.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Programazo para o ReperKusion 2008


Hoxe publicamos o pedazo cartel que os nosos veciños de allariz teñen preparado para o ReperKusion 2008, a verdade e que está moi ben. Tanto para os amantes do Rock como do Techno. Hai un cartel no que prima a calidade e a boa música. Todo elo será a fin de semana do 19 do presente mes.

Serán tres días de festa rachada en Allariz, comezará o Venres cos Delinqüentes como cabeza de cartel, pero este día tamén estará John Acquaviva, Tonino Carotone e Troy Pierce.

O sábado veremos por primeira vez en Galicia a 2ManyDjs, PinkerTones e Valentino Kanzyani entre outros.

As entradas teñen un custo de 25€ por día si a mercas antes da data ou 30€ si a mercas o mesmo día. Tamén hai un bono que cubre os 3 días, o seu prezo e de 40€ anticipada e 50€ en taquilla.
Esperando que chegue a data deste ReperKusion 2008 despedimonos dende O Cruceiro a berro de Festaaaa Raachaaadaaaaa!!!

sábado, 30 de agosto de 2008

Cunha Pulpada demos a benvida as festas 2008


Máis vale tarde ca nunca, hoxe publicamos as fotos coas que comezamos as festas das neves. Como aínda estabamos fresquiños decidimos non esperar a cea popular do venres das festas e dar por comenzada dita celebración o xoves cunha Gran Pulpada.

O menú foi sinxelo, polvo e máis polvo acompañado de unhos cacheliños .Xuntamonos 40 perosas, todos eles pertenecentes a Asociación o Pipote, Asociación Manzaneda e Asociación O Cruceiro. Todo elo regado co viño que nos sobrara da cea do Entroido Quente, esa foi a excusa, sempre hai que buscala amigos. Tamén disfrutamos dunha sidriña natural asturiana agasallo de Diego e Lolo de Oviedo, eles deleitaronos co arte de escanciar. De postre non podía faltar a bica e o licorciño do noso amigo Gas.

O pulpeiro foi un coñecido por todolos Macedans xa que ten raíces no pobo de Sarreauas de Tioira e está situado todolos domingos diante do Ambigú, el foi o encargado de cocer 80 racions de ese preciado molusco.E ben cocidas si señor!!

Pois esperando que vos gusten estas fotiños despedimonos dende O Cruceiro hasta a próxima actualización.

Fotos Pulpada 2008

viernes, 15 de agosto de 2008

Hoxe mostramos a camiseta do Venres das festas


Como cada ano o Venres das festas a Asociaciación O Cruceiro sae de festa con todos os seus membros enfundados cunha camista común que nós mesmos diseñamos ano tras ano, este ano tocoulle a Daniel Reboredo amd brother.
Sorprendéronos gratamente e parece que esta vai ser a mellor da nosa longa Istoria, pero que sepades que cada ano decimonos o mesmo, eso está ben porque así superámonos ano tras ano.
Antes, todos os venres das festas, íamos onde o noso amigo Ito do Restaurante a Dilixencia, pero dende que os tabernerios do pobo organizan a cea popular acudimos a ela. O ano pasado saímos moi contentos, o arroz estaba moi bo, pero nesta ocasión non estaba tan ben.Parece ser que a comida non chegou para todos e os platos eran bastante risorios. Espero que non o tomen a mal e o tomen como unha critica constructiva.
Trás a cea chegou o que para moitos de nós foi o mellor das festas das Neves 08, a actuación dos festicultores.Coma sempre....Liárona gorda impregnando de festicultura as rúas de Maceda.
Pois nada aquí vos deixamos co Capitán Tabernicolaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!

Boa acollida do 1º torneo de beach volley


Como ben estabades avisados por esta páxina o mercores 7 e xoves 8 de agosto xogouse nas piscinas municipais o primeiro torneo de Beach Volley Vila de Maceda. Xuntaronse un total de 12 equipos con 5 compoñentes en cada escadra.
Moitos de nos poucas veces xogáramos antes a este deporte, pero a verdade e que a partir de agora este deporte terá novos adeptos na nosa vila.
Trás dúas tardes de bos partidos impuxose na gran final o equipo de Nodaiga, que tras gañar tamén a copa na liga de inverno de futbol sala completan un bo ano deportivo.
Dende O Cruceiro queremos agradecer a Edu Cruceiro e Tino Pipote o seu traballo para que o torneo salise adiante, como tamén aos que pasaron por a silla do árbitro como Pablo Casas, Becho e Seguín.
O premio para os Nodaiga foi de 150 euros, para os segundos foi de 90 euros e para os terceiros 60 euriños.

sábado, 2 de agosto de 2008

Campionato de beach volley nas piscinas

Non todo vai ser festa amigos, entre festa e festa teremos que facer algo de deporte, non si?....

Entre a resaca do entroido quente, as festas de Molgas nesta fin de semana e as de Maceda para o que ven decidimos en colaboración coa Asociación O Pipote organizar un pequeno torneo de beach-volley nas piscinas municipais para así afrontar as festas das neves con forzas. Teredesvos que dar presa porque a data está cercana, será o mercores e xoves de esta mesma semana.

Os equipos serán de catro xogadores podendo ter un máis no banquillo. Os equipos terán que aportar 5€ por xogador e haberá premios para os tres mellores. O 1º clasificado levará o 50% das inscripción, o 2º gañará o 30% e o terceiro gañará o 20%.

Para apuntarvos chamade o Edu Carradas o nº 687912595 ou comentadello nas piscinas a él ou a Tino do Pipote.

Pois aquí queda unha actividade organizada por Asociación O Cruceiro e Asociación O Pipote.

Maceda móvese.......móvete ti tamén!!!!